miércoles, 31 de agosto de 2011

Saúda da Comisión de Festas das Peras 2011

Chega o 7 de setembro días nos que esperamos que Pontedeume se encha de ledicia, alegría e reunións familiares.

Nestes días tamén se sucederán unha chea de actividades (orquestras, charangas, competicións deportivas, cucaña, queima do Galán, concurso de froitas, fogos artificiais, romaxe do río...) actividades que se fan co claro obxectivo de intentar que todos os Eumeses, familiares, amigos e todos aqueles que nos visiten, sentan a calor e afecto de todos nos sentíndose partícipes da festa.

Dende esta Comisión de Festas desexamos para todos os veciños e aquelas persoas que nos visiten, un sincero desexo de que gocen con felicidade destes días que se aproximan e do programa de actividades que temos preparado, esperando á súa vez nos perdoen os erros que poidamos cometer ou cometésemos.
Comisión de Festas Peras 2011

 
© 2011 Blog realizado por Eumés